Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content

Ciclo “ConCiencia Sostible” en colaboración con GCiencia

Xoves 01 de Xaneiro · 01.00h
Duración90 minutos
IdiomaEspañol
Categoría
Ciencia e medio ambiente, Conferencias
Conferenciantes
María Teresa Barral, Catedrática de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela; Jaime Fagúndez, profesor contratado doutor no Departamento de Bioloxía da Universidade da Coruña Carlos Gradín, investigador na United Nations University World Institute for Development Economics Research (UNU-WIDER)
"Vida dos ecosistemas terrestres" con Jaime Fagúndez
Mércores 27 de Outubro - 20:00
Charla con Jaime Fagúndez conducida por Laura Filloy, xornalista de GCiencia. As súas liñas principais de investigación son o estudo da conservación e ecoloxía no eido da botánica e a análise e control das ameazas de especies exóticas invasoras.
"Prosperar sen crecemento: ciencia, tecnoloxía e innovación na etapa post-crecentista" con Mario Pansera - Ciclo de conferencias con GCiencia
Mércores 3 de Novembro - 19:00
A sacudida global da pandemia da Covid-19 afectou notablemente ao mercado laboral en boa parte do planeta. A dixitalización, a automatización do traballo e a precariedade de moitos empregos obriga a buscar novas fórmulas e propostas que contribúan a un crecemento económico inclusivo, sostido e sostible. Unha maior equidade salarial, a redución dos niveis de desemprego e unha mellora nas condicións nas que as persoas traballan hoxe son retos aos que hai que dar resposta.
"A evolución da desigualdade da renda en e entre os países" con Carlos Gradín - Ciclo de conferencias con GCiencia
Mércores 10 de Novembro - 19:00
Os avances nada desdeñables acadados en materia de igualdade nos últimos anos nalgunhas partes do mundo non poden ser motivo de conformismo. A nova emerxencia de discursos de odio contra colectivos vulnerables (migrantes, refuxiados, LGTBI, etc.) e os problemas sen solventar mesmo en sociedades avanzadas (aporofobia, limitacións de dereitos das persoas con discapacidade, fenda de xénero) obrigan a traballar activamente na procura de solucións. Convivir en igualdade, independentemente da idade, sexo, discapacidade, orixe, relixión e outros factores socioeconómicos é unha meta indispensable para un futuro mellor.
«A educación para a cidadanía global no sistema educativo: algunhas claves para a acción» con Rosa Méndez - Ciclo de conferencias GCiencia
Mércores 24 de Novembro - 19:00
Abordará as claves do ODS número 4 (unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, co obxectivo de promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para toda a sociedade) centrándose na importancia da educación para a cidadanía global e no traballo do grupo de investigación ECIGAL.
«Que pode aportar a enxeñaría da construción á sostibilidade?» con Fernando Martínez - Ciclo de conferencias con GCiencia
Mércores 1 de Decembro - 19:00
Falará do ODS número 9, que ten por obxectivo acadar unhas infraestruturas resilientes, promover a industrialización sostible e fomentar a innovación, desde a perspectiva da enxeñaría civil, unha disciplina que contribúe á xeración de emprego, o impulso de novas tecnoloxías vinculadas ás infraestruturas e a I+D+i e á consecución dun uso sostible e eficiente dos recursos.
Compartir
Rexistro e reserva Aínda non tes conta? Rexístrate aquí
Back To Top