POLÍTICA DE PRIVACIDADE
A Fundación Galicia Obra Social (“Afundación” en diante), con domicilio social na Coruña, Cantón Grande 8, Código Postal 15003 e N.I.F. G70270293; é a titular do portal www.afundacion.tv (o “Portal”, así mesmo, en diante), que pon ao dispor das persoas usuarias da Internet.
A dirección de contacto da delegación de protección de datos é: rgpd@afundacion.org
3.1 Tipoloxía de datos
Solicitaremos unicamente datos meramente identificativos, tanto no proceso de rexistro coma no de subscrición a contidos.
Durante a navegación, Afundación obtén datos que lle achegan información sobre usabilidade e preferencias das persoas usuarias, segundo os termos e condicións que se prevén expresamente no apartado de cookies. Para estes efectos, utilízanse algunhas que permiten interactuar con redes sociais ou outras plataformas externas directamente desde o Portal. A forma de interactuar da persoa usuaria e a información obtida durante a navegación estará sometida á configuración de privacidade da propia persoa usuaria en cada rede social, podendo mesmo esas plataformas obter algunha información da súa navegación, aínda que a persoa usuaria non faga uso dos seus servizos.
3.2 Finalidades
Rexistro e acceso: O acceso ao Portal é totalmente de balde. Con todo, Afundación pon ao dispor das persoas usuarias que se rexistren, determinados contidos Premium e “á carta”.
Comunicacións: Remitirase o newsletter, así como comunicacións publicitarias e/ou comerciais
3.3 Conservación
Os datos serán conservados sempre que a persoa usuaria manteña esa condición, procedéndose á súa cancelación e posterior borrado, cando así sexa solicitado pola mesma.
De acordo aos tratamentos efectuados no Portal, informamos a seguir as bases de lexitimación de cada un deles:
Consentimento: Será debidamente solicitado no formulario de rexistro. O devandito consentimento será revogable en calquera momento.
Interese lexítimo: De acordo a esta base de lexitimación remitiranse comunicacións ás persoas usuarias, avisándolles de contidos adecuados aos seus gustos e intereses.
Non se realizarán cesións nin comunicacións de datos, salvo as expresamente previstas por lei.
Non se atopan previstas as transferencias internacionais de datos e os provedores de servizos atópanse no Espazo Económico Europeo.
As persoas usuarias teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, as persoas interesadas poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, nese caso unicamente, conservaranse para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Para todo iso, as persoas usuarias poderán dirixir unha comunicación por escrito ao Comité de Privacidade: Santo Andrés 135-137, 2ª,15003 da Coruña, ou remitir un correo á dirección rgpd@afundacion.org incluíndo, en ambos os casos, unha copia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente. No caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, facilitaranse eses datos á nova persoa Responsable.
Queda recoñecido o dereito de interpoñer unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos, a través da súa sede electrónica https://sedeagpd.gob.es/