
Educación
Live session: "A importancia dos datos e a intelixencia artificial na loita con epidemias como COVID19", con Álvaro Gómez Vieites
A rápida expansión do virus e as características do mesmo impulsou que, co obxectivo de frear os contaxios, os principais países líderes en desenvolvemento tecnolóxico, puxesen en marcha diferentes accións facendo uso de desenvolvementos tecnolóxicos. Pero, estamos a perder o noso dereito á protección da intimidade?
Álvaro Gómez Vieites, Enxeñeiro en telecomunicacións e profesor de IESIDE proponnos nesta Live Session analizar o papel que está a ter a tecnoloxía e a Intelixencia Artificial para facer fronte á pandemia do COVID-19.