Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Lonxevidade e envellecemento

Diálogos sobre lonxevidade e envellecemento

Reflexionamos sobre os aspectos relacionados coa lonxevidade e o envellecemento da man dos maiores expertos en cada campo.

Cales son as causas do envellecemento, como é o envellecemento celular, como cambia o noso sistema inmunitario coa vellez, que podemos facer desde a nutrición, cales son os mellores hábitos saudables, como afrontar dende o punto de vista psicolóxico os cambios relacionados coa idade, como se produce e que podemos facer fronte ao deterioro cognitivo, son exemplos dalgunhas das cuestións que abordaremos. Para iso, en colaboración con Collado Lab e a Sociedad Española de Senescencia Celular, presentamos estes colosquios con grandes especialistas cos que falaremos de xeito accesible e ameno para achegar á sociedade todo este coñecemento tan necesario.

«Que papel xoga sistema inmunitario no envellecemento? Podemos actuar reforzando as nosas defensas inmunitarias?» coa doutora Mittelbrunn e o doutor Collado

Sóubose recentemente que o deterioro na actividade do sistenma inmunitario co paso do tempo está detrás de moitas das enfermidades que nos aqueixan durante a vellez. A incapacidade para recoñecer e eliminar as células danadas termina por dexenerar o sistema. Pero a contribución do deterioro do sistema inmunitario ao envellecemento parece non deterse aí, senón que incluso xoga un papel activo no envellecemento. Compoñentes do sistema inmunitario envellecidos poderían estar causando o envellecemento do resto do organismo. A nosa relatora, a doutora María Mittelbrunn, foi pioneira no mundo en recoñecer a contribución do sistema inmunitario ao envellecemento. Todo este coñecemento abre unha porta prometedora á posibilidade de retrasar e paliar os efectos do envellecemento actuando sobre o noso sistema inmunitario. Algúns incluso apuntan á posibilidade de revertir en parte o deterioro causado polo envellecemento actuando sobre o sistema inmunitario, reforzándoo e dotándoo dun novo vigo que nos permita defendérmonos do paso do tempo. Abordaremos todas estas e outras cuestións nun diálogo que manterán a doutora María Mittelbrunn, Investigadora Científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Centro de Biología Molecular (Madrid), e o doutor Manuel Collado, tamén investigador científico do CSIC no CiMUS da USC e membro do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS.
Back To Top