Entrevistas
Conversamos co debuxante Stéphane Levallois (subtítulos en galego)
Stéphane Levallois (París, 1970) é o responsable do deseño de personaxes e do universo creativo de películas como a saga de Harry Potter, Jurassic Park ou Piratas do Caribe. Autor de banda deseñada e artista conceptual de cinema, na súa vasta obra destacan, ademais, creacións feitas por encargos de institucións culturais como os museos parisienses do Louvre ou do Orsay. Para o primeiro creou o libro Leonard2Vinci. Para o segundo, a irreverente fábula Les disparues d’Orsay (Os desaparecidos de Orsay), unha atípica guía de visita ás obras expostas na institución parisiense.