Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Conferencias e coloquios

Conversando con Mary Beard

Mary Beard (Much Wenlock, Reino Unido, 1955) é catedrática de Historia e Literatura Clásicas na Universidade de Cambridge, académica do Newnham College e profesora de Literatura Clásica na Royal Academy of Arts. Especializada no período imperial de Roma, é especialmente recoñecida polos seus enfoques renovadores no estudo da historia, alentando achegas alicerzadas no cuestionamento dos potenciais significados de cada peza ou documento en combinación coa intencionalidade autorial. Deste xeito, as súas obras invitan á reflexión animando a incorporar novos interrogantes procedentes de moi diversas correntes, esencialmente, o feminismo, que permea toda a súa produción. A relevancia de Mary Beard transcende o ámbito puramente académico. É unha das divulgadoras de contido histórico de maior popularidade en Reino Unido, onde os seus programas sobre a vida diaria no Imperio romano obtiveron un destacado éxito de público, un fenómeno trasladable tamén á súa produción escrita. Os seus libros máis recentes, SPQR: A History of Ancient Rome, Women and Power: A Manifesto ou How Do We Look?, sitúanse nos primeiros postos de venda de literatura non ficcional.

Back To Top