Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Percorridos virtuais

Arte cubana contemporánea - Exposición «Soño de Navegante»

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova proposta cultural de alcance internacional. A partir dun proxecto en colaboración coa Colección de Arte Cubano Contemporáneo Luciano Méndez Sánchez e a Fundación Salamanca Ciudad de Cultura y Saberes, preséntase «Soño de Navegante», unha exposición conformada por 62 obras pertencentes a esta importante colección.

Estruturada en catro seccións, o director do proxecto, Juan Carlos Moya Zafra, e as dúas comisarias, Yadira de Armas e Ana Gabriela Ballate, concibiron unha exposición enfocada a reflectir a identidade propia da arte actual en Cuba, en relación coas influencias tricontinentais (africana, latinoamericana e europea) dunhas creacións impactantes nos seus formatos, o seu expresionismo e na poesía da súa linguaxe.

Back To Top