Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content

Antonio Rial «Eramos poucos e chegaron as TRICS» Educación Século XXI

O profesor e investigador Antonio Rial poñerá sobre a mesa datos reveladores sobre o uso intensivo e sen supervisión da internet, as redes sociais, os videoxogos ou o xogo en liña e, ao mesmo tempo, reflexionará cos asistentes sobre algunhas claves e posibles solucións para que tanto nais e pais, como educadores e responsables institucionais sexan capaces de afrontar esta nova problemática con ferramentas para o día a día.

A nosa sociedade foi tentando adaptarse progresivamente ao universo de oportunidades que o desenvolvemento tecnolóxico ha posto ao seu alcance. Equipar os centros educativos e integrar a tecnoloxía na actividade docente, por exemplo, son desafíos nos que, en maior ou menor medida, fomos avanzando nos últimos anos. Pero integrar a tecnoloxía no día a día da infancia e a adolescencia, dista moito de ser alcanzado. Máis ben ao contrario, en ocasións, o uso das rebautizadas TRIC (Tecnoloxías das Relacións, a Información e a Comunicación), implica unha seria peaxe a nivel emocional, de saúde e de convivencia.

Back To Top