Arte e exposiciónsEntrevistas
Entrevistamos a Tim Flach, fotógrafo de natureza que presenta por primeira vez en España a súa obra coa mostra «Emocións en perigo», unha recompilación de 45 fotografías de animais en perigo de extinción para conciencia á sociedade
https://afundacion.tv/gl/contenido/tim-flach-fotografo-de-natureza-presenta-a-mostra-emocions-en-perigo/5595Tim Flach, fotógrafo de natureza presenta a mostra «Emocións en perigo»Entrevistamos ao fotógrafo de animais Tim Flach con motivo da chegada a España, por primeira vez, da súa obra coa exposición «Emocións en perigo». A través dunha selección de 45 retratos de animais en perigo de extinción fotografados como nunca antes os viramos, Flach asegura que con este proxecto trata de «conectar as persoas coa natureza» cun obxectivo: romper as barreiras que parecen levantarse entre os seres humanos e a natureza a través destas escenas, fomentar a empatía cos retratados, salientar a emoción. Tim Flach (Londres, 1956) quere promover a través da súa obra unha sociedade máis concienciada, formada e sensible coa necesidade de incorporar a sostibilidade a todos os aspectos da nosa vida. «O noso futuro depende diso», defende o fotógrafo. Máis información sobre a mostra na nosa páxina web: https://www.afundacion.org/es/agenda/evento/exposicion-tim-flach https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2023/03/IMG_3057-370x225.jpg0InStockarte-e-exposicionsentrevistas-gldesenvolvemento-sostiblefotografia-glnaturezasustentabilidade05https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2023/03/IMG_3057-370x225.jpg2023-03-14T09:35:17.3600Z