Skip to content
A Colección na casa. José Manuel Ciria. «Fóra de foco»
Arte e exposicións

A Colección na casa. José Manuel Ciria. «Fóra de foco»

Microanálises: José Manuel Ciria, nos bordes da abstracción Obra: Gilgamesh Técnica: Óleo sobre lenzo Medidas: 250 x 250 cm Ano: 2005 Obra presente na exposición «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección de Arte Afundación»   A superposición e contraste cromático de cores vermellas, negras e brancas, as grandes brochadas, a pintura fluíndo un goteo fresco e atrevido, o azar expresándose libremente sobre fondos de presupostos sistemáticos e ordenados… son elementos cos que José Manuel Ciria interpreta La epopeya de Gilgamesh, cinco poemas sumerios escritos sobre arxila, que entusiasmaron a Borges na súa teima por descifrar o tránsito cara á inmortalidade. O artista pinta coa intuición da abstracción, mais sen deixar as referencias reais, neste caso literarias, ao carón. Coma Rothko, «abre os brazos» da pintura para que o espectador dialogue con ela. Ciria emprega o gran formato para contarnos as súas historias. Non é un tema banal que as súas obras midan máis de dous metros e que a pintura tente escorregar polas beiras do lenzo, querendo ampliar o seu campo de acción ata os propios límites do cadro, é unha das divisas que marcaron os artistas americanos do expresionismo abstracto: magnificar a imaxe para que o impacto visual sexa máis intenso. Texto de Mercedes Rozas, comisaria da mostra «Fóra de foco».
Back To Top
No results found...