Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Conferencias e coloquios

MOITA POESÍA - Encontro virtual con Olga Novo, Mario Regueira e Oriana Méndez

O 3 de maio imos alá con MOITA POESÍA, un encontro virtual con tres destacados escritores de Galicia e en galego que veñen reflexionar sobre diferentes aspectos da creatividade literaria do país.

Conéctate á nosa canle AfundaciónTV e sigue todas as nosas actividades en liña sobre arte, literatura e moito máis por unha sociedade máis formada e libre. 

Directamente desde a súa propia casa, participan

MARIO REGUEIRA. (Ferrol, 1979) 

Escritor, doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e crítico literario, faceta que o leva a colaborar habitualmente en medios de comunicación e a ser unha referencia neste ámbito. Xurado da XV edición do Premio de Poesía Afundación (gañadora Estíbaliz Espinosa). Actualmente traballa como profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Foi premiado varias veces como narrador e poeta.

El será o encargado de conducir o coloquio. 

OLGA NOVO. (Póboa de Brollón-Terra de Lemos, 1975)

Filla de labregos, poeta, ensaísta, tradutora, crítica literaria e profesora. É doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e, entre outros, Premio Nacional de Poesía 2020. É unha voz moi particular que mestura maxistralmente o universo popular e rural (sen dúbida, eixo do seu discurso e creación), e referencias cultas.

ORIANA MÉNDEZ. (Vigo, 1984)

Gañadora do PREMIO DE POESÍA AFUNDACIÓN no 2020, ed. XVIII, con INTERNA. Con este poemario definiuse cunha madurez non vista nas súas pezas anteriores, o que provocou unha boísima acollida na crítica.

Este faladoiro, motivado co gallo do mes das nosas Letras dedicado en 2021 á poeta XELA ARIAS, achéganos reflexións destacadas para apoiarmos e fomentar a creación poética en galego. O idioma é a expresión máis importante dunha cultura, e a poesía unha das manifestacións artísticas que máis a definen e que mellor a representan desde a antigüidade até os nosos días. 

 

PREMIO DE POESÍA AFUNDACIÓN. Infórmate AQUÍ

Back To Top