Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Educación emocional

Ciclo 'Educación siglo XXI': Presentación del libro Bummda Omm. Educación consciente y mindfulness para familias

Nestes tempos onde a incerteza e os cambios na nosa forma de relacionarnos cambiou tanto, xeráronse diferentes procesos de desaxuste emocional. A tensión, a ansiedade e mesmo a tristeza non só repercutiron no mundo adulto senón tamén nos nenos. Por iso, cremos importante desenvolver modelos educativos conscientes que faciliten a regulación emocional do sistema familia, o equilibrio psicolóxico e afectivo nos nenos e seguir regando o seu mundo interior coa certeza do seu potencial de crecemento. É o noso deber, como adultos, acompañarlles neste crecemento saudable. Educar nenos resilientes, que saian fortalecidos das dificultades, require da nosa presenza e compromiso. E de aí, xorde o Programa de educación consciente e mindfulnesss para familias: Bummda Omm. Un programa dirixido a todos os pais, educadores e todas aquelas persoas que apostan por cultivar modelos positivos e construtivos na educación e desenvolvemento psicoemocional dos nenos. O programa Bummda Omm, convida a converter o sistema familia nun lugar seguro no que atoparse para compartir, sentir e cultivar a interioridade a través da atención consciente e as prácticas de meditación adaptadas aos nenos e ao sistema familia. Nel, cultívanse actitudes positivas como a gratitude, o amor, a compaixón e o recoñecemento cara a un mesmo e os demais, adestrando a atención plena, a relación entre pais e fillos e a felicidade xenuína para que, xunto aos máis pequenos, podamos habitar unha vida significativa e en harmonía. O obxectivo principal é ofrecer, ás familias e educadores, ferramentas que lles permitan acompañar aos nenos e adolescentes nas súas diferentes etapas evolutivas, sementando un apego seguro nos seus vínculos, un sentido construtivo e resiliente nas súas vidas, xunto ás fortalezas e actitudes proactivas e positivas que lles reporten un maior benestar no seu camiño.
Back To Top