Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Música

Festival Ikfem 2020 - Concerto dixital de Paraíso Canto

Neste concerto Paraíso Canto fará unha viaxe pola música de tradición oral recollida por todo o territorio galego. Música que durante décadas foi a principal fonte de expresión e entretemento xunto coa danza. Entrelazarán este repertorio con outras músicas da Península Ibérica e cancións de autor latinoamericano. Paraíso Canto é un proxecto musical que xorde en 2019 entre dous músicos veciños da Lama-Ponte Caldelas. Con distintas formacións musicais, a de Martiño máis académica (clásica, jazz) e a de Gabi máis autodidacta pero ambas as ligadas ás tradicións, partimos do repertorio musical da tradición oral galega investigando con diferentes sons e incorporando tamén música doutras culturas do mundo.
Back To Top