Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Masterclass

Elementos dunha xestión eficaz da crise: oportunidades e efectos positivos do COVID19, por Alba Lema

Alba Lema, directora de SMC Compliance e profesora de IESIDE, destaca as oportunidades que se nos presentan ás empresas froito da crise do COVID19.

Alba leva anos vivindo e traballando entre China e España. Desde Beijing envíanos esta píldora onde salienta aspectos positivos do momento que estamos a vivir.

Non hai dúbida de que esta pandemia vai ter efectos no desenvolmento económico mundial, tal e como presenta ao inicio da súa disertación. Desde esta realidade Alba pon sobre a mesa a importancia que ten a comunicación interna como elemento estratéxico: unha comunicación que debe ser planificada, clara e realista e na que todas as áreas e todos os estamentos estean representados. Sen dúbida, será unha vantaxe competitiva como transmisora de seguridade e confianza.

Tamén xorden oportunidades para as empresas que incidirán na súa competitividade:

  • Unha nova contorna laboral, na que o teletraballo terá maior cabida, como resultado do esfrozo e capacidade de adaptación que experimentamos nun período tan curto.
  • O dessenvolmento de novas áreas de negocio, por exemplo, derivadas dos procesos de diversificación na carteira de produtos.
  • Redeseño das cadeas de subministro
  • Novos modelos de negocio, que poden resultar de trasladar ao dixital o que sabemos facer.
Back To Top