https://afundacion.tv/gl/contenido/educacion-seculo-xxi-ao-futuro-non-se-vai-o-futuro-crease-con-ximo-lizana/4652Educación Século XXI: «Ao futuro non se vai, o futuro créase» con Ximo LizanaO profesor e investigador da UEM, ex director artístico de ARCO e Premio Nacional (AECA) de arte contemporánea en España e Alemaña, Ximo Lizana, realiza nesta conferencia unha análise do contexto actual relativo á transformación dixital desde a óptica da intelixencia artificial, a súa especialidade, e a ciberseguridade. Unha proposta que presenta desde a perspectiva da súa traxectoria persoal que comezou no mundo da creación artística dixital vinculada á robótica e aos hologramas ata chegar ó seu labor actual como CEO de NxtFluencers e especialista en Branded Content tecnolóxico que centra os seus esforzos no asesoramento para manter unha boa reputación das persoas no mundo dixital, o que coñecemos hoxe como a pegada dixital das persoas na rede.
Así mesmo, o propio Lizana afirma, e así o conta na súa conferencia, que o seu traballo consiste en axudar a inspirar e xestionar un diálogo fluído entre persoas, corporacións e institucións, proporcionando ideas estratéxicas para navegar na intersección dos mercados globais e a tecnoloxía dixital.https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2022/03/Captura-de-pantalla-2022-03-15-a-las-10.30.06-370x225.png0InStockeducacion-gleconomia-e-empresaemprendemento05https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2022/03/Captura-de-pantalla-2022-03-15-a-las-10.30.06-370x225.png2022-03-15T10:32:14.3600Z