https://afundacion.tv/gl/contenido/educacion-seculo-xxi-adolescentes-familias-confundidas-con-manuel-isorna/4659Educación Século XXI: “Adolescentes: familias confundidas” con Manuel IsornaCada vez máis nais, pais e educadores nos sentimos incapaces de afrontar os novos desafíos que supón educar as nosas fillas e fillos. O uso do móbil, Internet, os videoxogos, WhatsApp e as redes sociais, o consumo intensivo de alcohol e a aparición de novas drogas, supón un escenario verdadeiramente incerto e complicado que require dunha fonda reflexión como sociedade. A miúdo, preguntámonos que teñen na cabeza as e os adolescentes cando incorren en diferentes prácticas de risco, mais non menos importante é preguntarnos en que están a fallar familias, Administración e institucións. Un experto no eido da prevención de drogodependencias e condutas aditivas e da investigación social, comparte en voz alta as súas reflexións nun intento de encontrar algunhas das claves para “entender e previr”. O profesor Manuel Isorna Folgar da Universidade de Vigo, tentará reflexionar cunha conferencia no Auditorio da Sede Afundación de Ferrol sobre este sempre difícil reto de educar.https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2022/02/manuel_isorna-370x225.jpg0InStockeducacion-glaprendizaxe-socioemocionalrecursos-para-educadores-glrecursos-para-pais05https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2022/02/manuel_isorna-370x225.jpg2022-03-18T11:19:56.3600Z