A experiencia de envellecer
Lonxevidade e envellecemento
Diálogos sobre lonxevidade e envellecemento: Ana María Cuervo e Isabel Fariña
https://afundacion.tv/gl/contenido/dialogos-sobre-lonxevidade-e-envellecemento/dialogos-sobre-lonxevidade-e-envellecemento-ana-maria-cuervo-e-isabel-farina/8053Diálogos sobre lonxevidade e envellecemento: Ana María Cuervo e Isabel FariñaTeremos cura para enfermidades como o alzhéimer e o párkinson? Por que algúns trastornos neurodexenerativos son máis comúns na vellez? Que é a xerociencia? Sobre estes e outros temas versa a primeira das actividades dunha nova edición dos «Diálogos sobre lonxevidade e envellecemento» que organiza Afundación.
Son dúas especialistas de primeiro nivel mundial as que compartan os seus coñecementos neste diálogo aberto ao público, que leva o título de «Cando o cerebro envellece: retos e esperanzas». Trátase de Ana María Cuervo, directora do Centro de Estudios sobre o Envellecemento do Albert Einstein College of Medicine de Nova York; e da a catedrática de Bioloxía Celular da Universitat de Valencia Isabel Fariñas, referente internacional no estudo das células nai neurais. A sesión estará moderada polo doutor Manuel Collado, investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía, dependente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, e que dirixe o seu grupo de investigación no CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela.https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2025/11/WhatsApp-Image-2025-11-06-at-14.19.10-370x225.jpeg0InStocka-experiencia-de-envellecerlonxevidade-envellecemento0https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2025/11/WhatsApp-Image-2025-11-06-at-14.19.10-370x225.jpeg2025-11-06T14:27:08.3600Z

