
Educación emocional
Conferencia 'Historia de vida. Historia de superación' por Iñaki Zubizarreta e presentada pola psicóloga Belén Colomina - 'Educación século XXI'
Conferencia incluída no programa 'Educación século XXI' de Afundación, a Obra Social de ABANCA.
Iñaki Zubizarreta, deportista profesional (ex-xogador da ACB) e campión da Copa do Rei 1998 co Pamesa Valencia, narraranos o que tivo que loitar dentro pero, sobre todo, fóra da cancha. E de como para chegar até aí, na súa adolescencia, debeu encarar ao Monstro do Bullying que a punto estivo de arrebatarlle a ilusión, a esperanza..., a vida...
Esta é a Historia da súa vida, esta é unha Historia de superación porque, pase o que pase, sempre hai unha saída. SEMPRE.
A conferencia de Iñaki estará presentada pola psicóloga Belén Colomina, "desde hai máis de 15 anos, o meu traballo estivo dedicado á psicoloxía e á psicoterapia individual e grupal. Traballei en proxectos con mozos en risco de exclusión social, con medidas xudiciais, en proxectos de inserción así como na formación para profesionais e familias de adolescentes. O meu traballo e dedicación á psicoloxía é o mellor aval dos diferentes libros e manuais que escribín. Non podería resumir o que fago sen concretalo na miña crenza de que un mundo mellor é posible. A miña aposta polos mozos, polo seu san desenvolvemento psicolóxico e polo acompañamento e psicoeducación ás familias, é o eixo central que sustenta a miña paixón pola psicoloxía, pola psicoterapia e por facilitar procesos saudables de crecemento."
O mes de marzo dedicámolo á SAÚDE SOCIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR. E ademais desta conferencia, teremos 2 encontros con escolares o 11 e 18 de marzo ás 11,00 horas.
