
Ciclo "Emocións e soidades": "Desmontando estereotipos sobre a idade e o envellecemento" con Elena del Barrio
O 19 de maio falaremos en AfundaciónTV de edadismo: estereotipos, sentimentos e trato discriminatorio cara ás persoas maiores (ou novas) por razón da súa idade, con Elena del Barrio, dentro do ciclo Emocións e Soidades
A nosa sociedade ten interiorizados prexuízos sobre a idade e o envellecemento que discriminan as persoas maiores, moitas veces sin darnos conta. Según a Organización Mundial da Saúde (OMS) o edadismo é a terceira causa de discriminación no mundo tras o racismo e o sexismo. Quen están rompendo cos estereotipos na actualidade son as propias persoas maiores, que reclaman unha identidade propia e o recoñecemento de que unha vez que se xubilan non deixan de ser o que son, nin o que foron. Porén, a actual pandemia supuxo un paso atrás, estigmatizando en moitos casos a vellez e aflorando un trato condescendente e paternalista cos maiores. Elena del Barrio axudaranos a recoñecer, reflexionar e desmontar estes estereotipos e prexuízos, o primeiro paso para superalos.
ELENA DEL BARRIO
É licenciada en Socioloxía e Máster en Xerontoloxía Social. Actualmente é a co-directora de Fundación Matia Instituto onde traballa desenvolvendo proxectos relacionados co envellecemento activo, as condicións de vida, os usos do tempo das persoas maiores e traballando en proxectos Age-Friendly Cities and Communities. Foi Vogal de Ciencias Sociais e do Comportamento na Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía (SEGG) desde 2013 a 2016 e coordinadora do Grupo de Traballo Imaxe e Envellecemento desde 2012 a 2020.