
Conferencias e coloquios
Coloquio entre Gervasio Sánchez e Gerardo Mosquera. A Coruña
As imaxes, tomadas polo fotoxornalista e Premio Nacional de Fotografía Gervasio Sánchez en moi diversos tempos, lugares e contextos, mostran como a vida se sobrepón, como se manifesta en medio das ruínas da guerra e a morte, superándoas. Expresan a miúdo unha alegría paradoxal, lacerante, porque documentan a vida que se nega a ser aniquilada. Sánchez convértese así nun fotógrafo de vida, e esta visión enfoca todo o seu traballo.