Educación emocional
Educación Século XXI: «Educar a través da sorpresa: como aprende o cerebro» con David Bueno
Esta conferencia céntrase en dous aspectos fundamentais das aprendizaxes e do desenvolvemento das habilidades cognitivas: as emocións, entre as que cabe destacar a alegría, o pracer e a sorpresa (e, por oposición, o medo), e a socialización, que é o principal mecanismo de recompensa e motivación que percibe o cerebro, o que contribúe a forxar as redes neurais. Todo isto levaranos á importancia do traballo cooperativo e das aprendizaxes.