Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Saúde física

Benestar e ioga en casa con Sandra Roco - Sesión 8

O programa «Benestar e ioga» componse de 2 sesións semanais de adestramento online en directo (luns e xoves ás 11.00 h) nas que traballaremos co noso corpo (a través das posturas físicas de ioga ou asanas e a respiración). Coa práctica, poderemos chegar a alcanzar un estado de benestar e satisfacción. Todos os luns, presentarase un modelo de clase, cun plan de adestramento para repetir na casa, ata a seguinte cita.

As semanas están deseñadas para que poidas ir avanzando na túa práctica, con contidos distintos e complementarios. Este programa xurde para manter viva a idea de vida activa e saudable que Afundación, a través dos seus espazos +60 promove durante todo o ano, e así seguir acompañando no día a día a todas as persoas que queiran sumarse ao programa, en especial a toda a comunidade creada nos espazos +60.

Back To Top