“A evolución da desigualdade da renda en e entre os países” con Carlos Gradín – Ciclo de conferencias con GCiencia
Xoves 01 de Xaneiro · 01.00h

Categoría
Ciencia e medio ambiente, Conferencias
Conferenciantes
Carlos Gradín, investigador na United Nations University World Institute for Development Economics Research (UNU-WIDER)
Descripción
Os avances nada desdeñables acadados en materia de igualdade nos últimos anos nalgunhas partes do mundo non poden ser motivo de conformismo. A nova emerxencia de discursos de odio contra colectivos vulnerables (migrantes, refuxiados, LGTBI, etc.) e os problemas sen solventar mesmo en sociedades avanzadas (aporofobia, limitacións de dereitos das persoas con discapacidade, fenda de xénero) obrigan a traballar activamente na procura de solucións. Convivir en igualdade, independentemente da idade, sexo, discapacidade, orixe, relixión e outros factores socioeconómicos é unha meta indispensable para un futuro mellor.
Compartir




