Educación Século XXI: «IA en educación? Si, pero con cabeza: aprender a usala sen perder o control» por Francisco Bellas
Xoves 01 de Xaneiro · 01.00h

Categoría
Ciclo Educación Século XXI, Educación
Conferenciantes
Catedrático na Universidade da Coruña (UDC). Leva 25 anos investigando no campo da intelixencia artificial aplicada a diferentes campos da enxeñería, ademais de impartir materias relacionadas coa aprendizaxe automática e a robótica autónoma. Nos últimos anos focalizouse no campo da robótica educativa e a IA aplicada á educación. Neste ámbito, participa como asesor sobre alfabetización en IA para a Xunta de Galicia, o Consello de Europa, a UNESCO, a Universidade de Catar e a Fundación Asia-Europa.
Descripción
A Intelixencia Artificial xa forma parte da vida cotiá de estudantes e familias, pero usala non equivale a comprendela. Esta charla propón a alfabetización en IA como a clave para un uso responsable, crítico e consciente: aprender que é a IA, que pode e que non pode facer, cales son os seus riscos e como utilizala sen delegar o pensamento nin a aprendizaxe. Lonxe de prohibicións ou medos, o obxectivo é formar usuarios capaces de tomar decisións informadas, manter o control sobre a tecnoloxía e aproveitala como apoio á aprendizaxe, non como substituto. Educar en IA hoxe é educar en autonomía, responsabilidade e futuro.
Compartir




