«O Metaverso e a Intelixencia Artificial a debate» con Diego Asorey e Óscar González Represas
Diego Asorey, COO de Kendra e experto en desenvolvementos de Realidade Aumentada e Virtual, impartirá o relatorio titulado «Metaverso: que é, que non e como aproveitalo». Na actualidade Diego está participando no desenvolvemento dun metaverso con varias universidades europeas, onde os seus estudantes poderán debater, compartir experiencias, defender o seu TFG ou incluso asistir a laboratorios virtuais.
Óscar González, director de División TIC e Enxeñería de Software do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e CIO en Flythings Technologies, falará sobre «Intelixencia Artificial: Clave dos procesos de transformación dixital. Aspectos prácticos» para axudarnos a enteder qué podemos facer para avanzar no cambio ao dixital sobre a base da súa experiencia na implantación de servizos 4.0 baseado en plataformas intelixentes IoT.