Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Educación

Live session: "Xestión de persoas en tempos de incerteza. Caso JEALSA ante COVID-19", con Ekhi Etxeberria

IESIDE súmase ao #HumanResourcesDay coa Live session gratuíta: "Xestión de persoas en tempos de incerteza. Caso JEALSA ante COVID-19". Nela Ekhi Etxeberria, responsable de RRHH do coñecido grupo empresarial, presentará a súa estratexia en RSC, liderado e xestión de persoas, en especial, as accións realizadas #ante unha pandemia como a actual.

Esta live session, en formato de entrevista, foi moderada por Emilio Pérez Troncoso, responsable de Desenvolvemento Profesional de IESIDE e Presidente de Aedipe Galicia.

O relator: Ekhi Etxeberria, Graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola Universidade do Pais Vasco e a Universidade da Coruña. Máster en Dirección de Recursos Humanos e Programa en Relacións Laborais por diferentes entidades.

Desempeñou o seu labor profesional en compañías como Eroski, Kiabi España ou Inditex.

Desde setembro de 2018 é o Director de Recursos Humanos de Grupo JEALSA

Back To Top