Live session: “África: situación actual e perspectivas económicas post-Covid19", con Ainhoa Marín Egoscoszábal
O ano 2020 marcaba o inicio dunha década de altas expectativas para o continente africano. Aínda que con menos impacto sanitario do agardado, a pandemia do COVID-19 vén frear o ciclo económico expansivo nun dos mercados estratéxicos máis descoñecidos para a empresa española e traerá importantes efectos sobre as economías do continente.
Ainhoa Marín Egoscoszábal, investigadora principal do Real Instituto Elcano e profesora do Departamento de Economía Aplicada, Estructura e Historia da Universidad Complutense de Madrid, exporá cal é a situación actual e as tendencias futuras en África.
Ainhoa Marín Egoscoszábal é doutora en Economía e traballou como economista para o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (UNDP) e a Comisión Económica para África (UNECA) en Addis Abeba, Etiopía.
É membro do Grupo de Estudos Africanos da Universidad Autónoma de Madrid e profesora honoraria en diferentes cursos de posgrao.
Colaborou en proxectos de investigación, consultoría e publicacións co Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, Casa África, Fundación Carolina, ICEX, Instituto Complutense de Estudios Internacionales (ICEI), Fundación Alternativas, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e ECDPM en Bruselas.