Limpeza en Baldaio e Razo con estudantes do Centro de FP de Afundación da Coruña e PLANCTON
Máis de 160 estudantes e docentes do Centro de Formación Profesional Afundación da Coruña participaron nunha xornada de retirada de residuos mariños nas praias carballesas de Razo e Baldaio. Esta é a segunda actuación no 2023 nesta zona no marco do programa medioambiental PLANCTON, impulsado por Afundación.