https://afundacion.tv/gl/contenido/emilia-pardo-bazan-da-novela-ao-cinema/5016Emilia Pardo Bazán: da novela ao cinema«Los Pazos de Ulloa en televisión» - Mércores 20 de abril, 19.00 h
Cun extraordinario elenco, a versión fílmica da novela naturalista de Pardo Bazán, emitida como serie por TVE, representou todo un fenómeno televisivo nos anos oitenta. O guionista Manuel Gutiérrez Aragón e o crítico Miguel Losada, comentarán as vicisitudes daquela rodaxe e as dificultades que representou plasmar na pantalla unha historia tan profundamente galega. «A condesa rebelde, dona Emilia no cinema» - Xoves 21 de abril, ás 19.00 h
A través da súa protagonista, Susana Dans (dona Emilia) e da súa directora, Zaza Ceballos, descubriremos as reviravoltas do telefilme de Emilia Pardo Bazán, La condesa rebelde, extraordinaria versión cinematográfica da súa apaixonante biografía. A partir desta cinta, a espléndida interpretación de Susana Dans quedará no imaxinario dos espectadores como o tipo e o carácter da autora de La Tribuna. https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2022/04/pardo-bazan_final-1-370x225.png0InStockliteratura-glcultura-glliteratura-gl0https://afundacion.tv/wp-content/uploads/2022/04/pardo-bazan_final-1-370x225.png2022-04-21T09:50:15.7200Z