
Educación emocional
Educación Século XXI: «Profes que cativan e inspiran» con Marcelo Castelo
Para o ser humano é imposible non comunicarse. Os nosos silencios, os nosos xestos, as nosas accións adoitan ser moito máis relevantes cás nosas palabras. Que efecto logra a nosa comunicación no noso alumnado? E, sobre todo, como podemos lograr cativalo e inspiralo? Desde postulados que en ocasións axitarán as mentes do público, Marcelo Castelo irá debullando as respostas a cada unha destas preguntas.