Conferencia 'Educar na sociedade actual. Claves e estratexias para a boa educación dos nenos e das nenas' por Víctor Arufe - Programa 'Educación século XXI'
Esta conferencia está dirixida a familias, profesorado e toda a comunidade educativa en xeral. O profesor Víctor Arufe aborda dunha forma moi práctica, orixinal e nova a educación dos nenos e nenas. A través dunha charla divulgativa expón de forma moi sinxela as bases que deben primar na educación durante a infancia e adolescencia. Explica en que consiste o método de educar por escenarios, analizando diferentes axentes que participan na educación dos nenos e escenarios onde interactúan no seu día a día. É unha conferencia moi didáctica na que se abordan diferentes claves e estratexias para traballar tanto en casa como no seo escolar buscando potenciar os valores, as variables psicolóxicas e psicosociais dos nenos e outras esferas do seu capital humano e de vital importancia para o seu desenvolvemento integral.