
Educación en valores
Conferencia "A revolución da lonxevidade" con Dolores Puga
Algúns científicos predín que o primeiro humano que chegará a vivir mil anos xa naceu. Outros, sen facer afirmacións tan provocadoras, aseveran que a maioría dos nenos e nenas nacidos actualmente chegarán a soprar máis de cen velas. O certo é que ningunha outra dinámica social mostrou tal constancia na súa evolución a longo prazo como o fixo a lonxevidade. Nesta conferencia repasaremos algúns dos aspectos que son parte do noso envellecemento como individuos e como sociedade. Farémonos, entre outras, preguntas como, cando comeza a vellez?, onde está o límite da vida humana?, engadimos anos á vida?, é reversible o envellecemento demográfico ou individual?, como condiciona a contorna a nosa forma de envellecer? ou que facer para acadar os cen anos saudablemente?