
Educación emocional
Educación Século XXI: «A educación do talento. Como poñer en acción a intelixencia» con José Antonio Marina
O filósofo, escritor e pedagogo español José Antonio Marina, ofrécenos a conferencia «La educación del talento. Cómo poner en acción la inteligencia».
O tema do momento, o que preocupa a todas as nacións, a todo o sistema empresarial, á política e que debería preocupar a toda a cidadanía é o como podemos xerar talento. Nunha sociedade do coñecemento, cunha economía baseada a futuro cada vez máis na ciencia e na tecnoloxía, a principal riqueza das nacións xa non é o territorio, nin a poboación nin as materias primas nin o capital: é o talento.