
Educación emocional
Educación Século XXI: «A educación, a mellor das vacinas» de Javier Urra en Ferrol
Abordaranse os antídotos que hai que utilizar cando os problemas xa están instaurados, adiccións de substancias ou tecnolóxicas. O ser abducido por grupos fanáticos; o risco inherente nos trastornos alimentarios; a violencia entre iguais; a violencia contra si mesmos; e a violencia contra os proxenitores. É por iso que cabe educar. A xustiza pon tiritas cando te están a bombardear. A educación é todo, no autodominio, na actitude, no proxecto existencial, na relación cun mesmo e cos demais, que inclúe a natureza e o sentimento de transcendencia.