Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Conferencias e coloquios

Coloquio sobre o documental 'Sacrifico e ascensión. A exposición de David Rubín' con Santiago Segura, David Rubín e Asier Mensuro

Estrea e presentación do documental 'Sacrificio e ascesión. A exposición de David Rubín', un interesante encontro que contará coa presenza de Santiago Segura, director de cinema, produtor e gran admirador do traballo de Rubín, ademais de propietario dunha das coleccións de cómics máis importantes de España e guionista de banda deseñada. Santiago Segura acompañará ao propio historiestista David Rubín e a Asier Mensuro, un dos maiores especialistas en cómic e comisario da exposición de Afundación en Ourense 'Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín'.

O DOCUMENTAL

Con motivo da exposición antolóxica da Sala de Exposicións Afundación Ourense, presentamos un audiovisual completo onde Rubín visita a exposición e nos conta a súa traxectoria profesional. Entrevistas ao artista, ao comisario e tamén a críticos especializados en banda deseñada como Octavio Beares, e a creadores nobeis influídos por Rubín, irán dando conta da traxectoria do ourensán, como foron os seus inicios, a súa evolución e os traballos actuais que desenvolve no mercado norteamericano.

Unha rodaxe dunha visita guiada á exposición co propio autor e o comisario, Asier Mensuro, no que se amosan as obras deste historietista e se analiza toda a súa traxectoria, desde as súas orixes como autor no seu Ourense natal, ata converterse nun dos autores de banda deseñada españois con maior proxección internacional.

Rubín séntese cómodo nesta homenaxe que se lle rende na súa cidade, e móstrase á cámara tal como é. O que ía ser unha simple visita guiada, transfórmase para converterse nun audiovisual no que se nos revela a súa paixón polo cómic, a súa maneira de crear, de sentir e de traballar.

Súmanse á peza Santiago García, guionista de David Rubín en Beowolf; Marcos Prior, coautor xunto a Rubín de Gran Hotel Abismo; o crítico de cómics Octavio Beares; e os historietistas Cynthia Alfonso e Óscar Raña, que nos desvelan os aspectos que máis lles fascinan do traballo do ourensán.

Todo iso converte este audiovisual nunha peza única para entender a obra de David Rubín. Unha ocasión moi especial para achegarse a un dos historietistas máis talentosos da actualidade e profundar na súa obra da man de Afundación TV.

Back To Top