Skip to content
Coloquio ‘Quino: Mafalda, o seu creador e o seu mundo’
Conferencias e coloquios

Coloquio 'Quino: Mafalda, o seu creador e o seu mundo'

Encontro ao redor da figura de Quino e á máis soada das súas creacións: Mafalda. Tras a recente desaparición do inmortal historietista, Afundación TV rende unha sentida homenaxe a este artista universal, cuxas reflexións desde o mundo da viñeta serviron de inspiración a xeracións de lectores de todo o mundo.

Para iso, recorre a dous compañeiros de profesión:

Horacio Altuna, artista e historietista arxentino dos anos 70 e amigo de Quino. É recoñecido internacionalmente pola súa obra, entre as que destacan as historietas El Loco Chávez e Las puertitas del Sr. López. Coincidiu como autor con Quino en diversas revistas arxentinas, o que lle permite falar sobre o creador de Mafalda e do mundo editorial no que xurdiu a xenial personaxe desde unha perspectiva única e privilexiada.

Manel Fontdevila é un historietista español, soado polas súas colaboracións na revista El Jueves, onde realizaba as series «Para ti, que eres joven», xunto a Albert Monteys, e «La parejita S.A.», alternándoas con álbums menos comerciais para Glénat. É fan confeso e gran coñecedor da obra de Quino e da súa personaxe Mafalda, á que rende diversas homenaxes na súa propia obra.

O moderador do encontro e terceiro relator será Asier Mensuro, historiador da arte e comisario de exposicións especializado na sétima e novena arte e membro da Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic de España (ACDCómics). Publicou artigos sobre cómic en cabeceiras como ABC ou en revistas como Muy interesante e Descubrir el arte.


Por cortesía de Lumen, editorial da obra de Quino en España, durante esta homenaxe os espectadores poderán gozar dalgunha das tiras de Mafalda.

Back To Top
No results found...