Conferencia "Cando o tempo pasa. O valor e o poder da nosa historia" por Teresa Martínez
Toda persoa é única e valiosa e todos estamos deseñados para perseguir a felicidade ao longo das nosas vidas. En poucas xeracións conseguimos vivir vidas máis longas, sumar anos á vida e agora temos que conseguir que os anos gañados nos permitan unha vida que mereza a pena ser vivida, plena e con sentido. Para iso, reflexionar sobre a nosa historia de vida axúdanos a conectar o noso pasado co presente e o futuro, a valorar e aceptar o vivido, a atopar novas metas ou a reafirmar as que tiñamos no noso proxecto de vida e, en definitiva, a acadar a coherencia e sentido na etapa vital da vellez.
Teresa Martínez é doutora en Ciencias da Saúde, psicóloga e xerontóloga.