Entrega de premios
Acto de entrega do I Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa a Robert F. Arnove
Entrega da primeira edición do Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa a Robert F. Arnove. O galardón recoñece a súa traxectoria adicada á carreira docente, a alta repercusión e a calidade das súas publicacións, así como a súa contribución internacional no campo da educación e dentro do eido da educación comparada.
O acto inclúe a celebración dunha mesa redonda conformada polos expertos en educación Robert F. Arnove, da Indiana University Bloomington; Mariano Fernández Enguita, da Universidad Complutense de Madrid; Luis Miguel Lázaro Lorente, Universidad de Valencia; e Miguel Ángel Santos Rego como moderador.