Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content

«A saúde tamén está nas túas mans» -«Coñece como son as vacinas contra a COVID-19 e como actúan» con Silvia Paulos, especialista en Microbioloxía

Se es unha persoa de máis de 60 anos e gustaríache saber máis sobre por que non durmimos tan ben como deberiamos, sobre os bulos da vacinación contra o coronavirus, a importancia de controlar a tensión arterial para previr deterioracións físicas e cognitivas, e preocúpache a protección da pel, este ciclo é para ti. O obxectivo deste programa é tratar temas sanitarios de actualidade, así como fomentar unha cultura da saúde e da prevención mediante a adopción de hábitos saudables e controis periódicos de saúde. Nel participan diferentes especialistas médicos do Hospital Quirónsalud A Coruña que abordarán temas de notable repercusión na saúde da poboación como a vacinación COVID, os recoñecementos médicos a cada idade, a hipertensión arterial, o soño ou o coidado da pel, sempre tratado por especialistas de recoñecido prestixio e experiencia nos distintos ámbitos.
Back To Top