
'Cociña e nutrición. Receitas lixeiras e novidosas para a primavera' con Mayte Fernández e Rocío García
Neste ciclo de oito sesións deseñaremos menús para os diferentes momentos do día, recorreremos a alimentos con nutrientes de calidade: fibra, graxas saudables, vitamina, minerais... e empregaremos as mellores técnicas de cociña e preparación saudable para non alterar o valor nutricional intrínseco dos alimentos. Veremos como realizar a nosa cesta da compra e organizar a neveira con alimentos frescos, de tempada e proximidade.
O curso será impartido por Mayte Fernández Álvarez, técnica de cociña e gastronomía, panadería, repostería e confitería, e diploma en Cociña Galega da Escola de Hostalería da Coruña, ademais de ampla experiencia como formadora en centros municipais e no Basque Culinary Center de San Sebastián. É colaboradora semanal de Voces da Coruña en Radio Voz e participou na publicación A cociña divertida da Fundación María José Jove, e por Rocío García Ruiz, técnico superior en dietética, especializada en sobrepeso e obesidade, educación alimentaria e saúde dixestiva que nos irá resolvendo dúbidas e mitos para unha correcta alimentación diaria dunha forma fácil e natural.
Sesión 1 - Potaje de garbanzos con bacalao y langostinos
Sesión 2 - Berenxenas recheas
Sesión 3 - Ensalada de pasta tricolor, froita e hummus
