Categoría
Conferencias, Educación, Tecnoloxía e ciberseguridade
Conferenciantes
Concha Monje é investigadora en Robótica e Profesora Catedrática da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M); Doutora pola Universidad de Extremadura (2006) con Premio Extraordinario de Doutorado e Mención de Doutorado Europeo. Actualmente desenvolve o seu labor investigador no grupo RoboticsLab da UC3M. Os seus traballos en robótica branda e control de sistemas son recoñecidos a nivel internacional. Colaborou activamente con centros de investigación de Estados Unidos, Francia, Alemaña, Italia e Singapur e dirixe varios proxectos sobre o desenvolvemento de robots asistenciais. Os seus traballos de investigación foron recoñecidos con premios como: Top 100 Mujeres Líderes en España (2021), Premio Gigante Extremeño (2019), Premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga da Universidad de Deusto (2019), Premio de Excelencia a la Investigación da UC3M (2018), Premio Mujer y Tecnología de la Fundación Orange (2018) e Premio a Mejor Científica Contemporánea - Selección Española de Ciencia (2017), outorgado pola revista de divulgación científica QUO en colaboración co CSIC. Alén do seus labor investigador, é unha científica moi comprometida coa docencia universitaria e a divulgación científica. Participou en máis dun cento de actividades de divulgación, entre as que destaca a súa colaboración na sección de ciencia do programa de radio «Julia en la Onda», con Julia Otero en Onda Cero. Tamén traballou como asesora científica do filme Autómata, producida e protagonizada por Antonio Banderas.
Descripción
Neste relatorio abórdase a aplicación da intelixencia artificial no sector da robótica, analizando casos reais que permiten entender os retos aos que nos enfrontamos e as numerosas oportunidades que nos brinda o uso dos robots intelixentes na nosa sociedade.
Concha Monje é investigadora en Robótica e Profesora Catedrática da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M); Doutora pola Universidad de Extremadura (2006) con Premio Extraordinario de Doutorado e Mención de Doutorado Europeo. Actualmente desenvolve o seu labor investigador no grupo RoboticsLab da UC3M. Os seus traballos en robótica branda e control de sistemas son recoñecidos a nivel internacional. Colaborou activamente con centros de investigación de Estados Unidos, Francia, Alemaña, Italia e Singapur e dirixe varios proxectos sobre o desenvolvemento de robots asistenciais.
Reservar 
Has reservado correctamente este directo