Educación Século XXI: «A min non me digas que non se pode» con José Manuel Montilla, El Langui
Juan Manuel Montilla, coñecido como El Langui, naceu cunha lesión cerebral provocada pola falta de osíxeno durante o parto. A súa parálise cerebral, lonxe de se converter nunha barreira, foi o motor dun desenvolvemento persoal e profesional brillante. Entre os seus éxitos está o ter recibido un Premio MTV Europa ao mellor artista español e o Premio MIN da Música a mellor disco do ano. Pero os seus éxitos non se cinguen exclusivamente ao eido da música: no ano 2008 Juan Manuel recibiu dous Premios Goya, un ao mellor actor revelación e outro a mellor canción orixinal.
As súas facetas de actor e presentador convertérono nun habitual do cinema, a televisión e a radio e déronlle impulso para contar a súa historia a través de tres publicacións: 16 escalones antes de irme a la cama, Pan Bendito. Un barrio con mucha miga e Cómo ser un imperfecto infeliz.
Juan Montilla, a través dos seus libros e relatorios, enfróntanos á súa vida, un percorrido non exento de dificultades, sendo o esforzo a chave fundamental para afrontar calquera tipo de adversidade. Unha autoestima forte, a tenacidade e a capacidade de deixar de lado o medo son os aspectos que o levaron á integración e ó éxito.
O relatorio A min non me digas que non se pode céntrase no espírito de superación, a autoconfianza, o compañeirismo e a resiliencia, valores que son cruciais para afrontar a vida. A importancia da diversidade, da creación dunha sociedade inclusiva e o ofrecer ao de enfronte as ferramentas precisas para facer que se sinta realizado serán algúns dos temas a tratar por Juan Manuel Montilla, El Langui, durante o seu relatorio. Sen dúbida, unha lección de vida para escolares e público xeral.