Charla maxistral de Michaela Pavlátová, directora, animadora, ilustradora e actriz checa, madriña do festival
A directora, animadora, ilustradora e actriz checa, Michaela Pavlátová, é todo un referente da animación internacional. As súas curtametraxes de animación recibiron numerosos premios en festivais internacionais de cinema, entre eles o Cristal de Annecy, o Oso de Ouro na Berlinale ou o Gran Premio no Festival Internacional de Animación de Hiroshima, ademais de recibir un nomeamento ao Óscar. En 2021 terminou a súa primeira longametraxe de animación, My Sunny Maad, premiada en Annecy, Guadalaxara etc., gañadora, tamén, do Premio César á mellor película de animación e nomeada aos Globos de Ouro de 2022. Como animadora experimental feminista, a obra de Michaela explora temas relacionados co sexo, o xénero, a filosofía e as relacións humanas, utilizando sempre o seu inconfundible grafismo e sentido do humor.
Michaela Pavlátová é directora do Departamento de Animación da FAMU de Praga (Academia de Artes Escénicas, Escola de Cinema e TV), tamén ensinou en VSUP (Academia de Artes, Arquitectura e Deseño de Praga), e no estranxeiro, en San Francisco (Academy of Art College, Computer Arts Institute, CCAC), e na Universidade de Harvard. Actualmente está a traballar no que será a súa segunda longametraxe animada, Night Tram (Tranvía nocturno), retomando a personaxe protagonista da súa premiado curtametraxe Tram (Tranvía).