Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
skip to Main Content
Educación en valores

Coloquio "Educación emprendedora para a igualdade de oportunidades: o dream gap"

Aínda que comeza a ser máis coñecida e mediática a necesidade de educar a vocación científica das nenas, a educación emprendedora tamén é vital para a igualdade de oportunidades e identifica un problema: a fenda de xénero no propósito profesional.

A educación pode axudar a aumentar a intención emprendedora e salvar a fenda entre sexos no mundo empresarial.

Para falar en profundidade sobre este tema e contamos cun plantel de expertas sobre o emprendemento en idades temperás:

- Elena González Díaz: CEO de INETERA S.L

Licenciada en Administración e Dirección de Empresas (Cardiff Bussines School), conta con máis de 15 anos de experiencia na área de xerencia de empresas tecnolóxicas. Está ligada á Universidade de Santiago de Compostela e impulsou unha spin-off que se encarga de medir o gas Radon en Galicia e da que actualmente é a CEO ( INTERA S.L.). Ademais, é socia fundadora de ICODA (optimización de biogás), participa no desenvolvemento de negocio de plataformas dixitais e ten en marcha un proxecto relacionado co Camiño de Santiago.

- Paula Gómez de la Bárcena: directora de Inspiring Girls

Inspiring Girls é unha organización que ten como obxectivo aumentar a autoestima e a ambición profesional das nenas en idade escolar, así como as súas expectativas laborais, axudándoas a visibilizar a ampla variedade de profesións e traballos que existen, sen que o feito de ser muller supoña ningunha limitación, sempre que se baseen no traballo e o esforzo.

Paula Gómez é licenciada en Dereito aínda que demostrou desde moi novo un gran interese pola política. Influenciada pola carreira profesional da súa nai, diplomática, educouse no respecto a distintas culturas e o estudo de idiomas.

- Alejandra Cortés Pascual: Profesora Titular da Facultade de Educación, da Universidade de Zaragoza

Premio EDUCA ABANCA Mellor Docente de España 2019 na categoría de Educación Universitaria. É investigadora permanente da Cátedra UNESCO sobre Valores e Comunicación. Directora da primeira cátedra en educación da Universidade de Zaragoza, Innovación Educativa Juan de Lanuza. É fundadora do Grupo de Investigación EDUCAVIVA do Gobierno de Aragón.

É doutora en Psicopedagoxía, conta con 20 anos de experiencia docente e dá clase na Facultade de Educación de Zaragoza, formando a futuros docentes.

Segundo ela mesma conta: "Hai tempo unha docente de Educación Xeral Básica EXB) díxonos á miña nai e a min que eu non sería nada na vida. Creo que no meu interior quedou a idea de que eu sería docente para que ninguén puidese dicir algo así a outra persoa, porque iso pode condicionar moitos aspectos da súa vida".

O coloquio estará moderado por José María de Moya, director do Grupo Siena. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, é o director xeral do Siena Educación, e de varias publicacións como son o xornal Magisterio, o xornal Padres y Colegios e Revista Escuela Infantil.

Ademais, é o creador de Scholarum, primeiro buscador e comparador de colexios de España; Magislex, o primeiro servizo en liña de lexislación educativa; e INAV, primeiro centro de formación de adultos en modalidade en liña.

Back To Top