Rexistro
Español
AfundaciónTV logo
Skip to content
Lonxevidade e envellecemento

«Envellecemento saudable» co doctor José Carlos Bastida Calvo

Impartida por José Carlos Bastida Calvo, coordinador do Grupo de Trabajo en Artrosis-Osteoporosis da SEMG, quen lembra que España conta cunha esperanza de vida das máis altas do mundo.

Impartida por José Carlos Bastida Calvo, coordinador do Grupo de Traballo en Artrose-Osteoporose da SEMG, quen lembra que España conta cunha esperanza de vida das máis altas do mundo. «Envellecer é parte do proceso de vida, polo que debemos prepararnos e aprender uns comportamentos para construír unha vellez con benestar e satisfactoria. Os segredos para un envellecemento positivo correspóndense coas decisións persoais de optar por un estilo de vida saudable», subliña. Para o doutor Bastida «é importante desenvolver e manter habilidades funcionais que proporcionen benestar nesta etapa vital. Neste aspecto inflúen múltiples aspectos como as actividades cognitivas, estar ocupados e sentirse útiles para a sociedade, o exercicio físico, a dieta, someterse a exames de saúde regulares, limitar os hábitos tóxicos ou manter un peso saudable e unha boa sexualidade».

Back To Top